Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 15:23
O Goberno galego analizou na súa reunión semanal un decreto chamado a incentivar e promover que máis médicos dedicen os seus esforzos á formación do MIR, que permitirá, entre outras cuestións, aos sanitarios que exerzan este papel "acurtar prazos" para alcanzar novos graos na carreira profesional e, en consecuencia, cobrar máis.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou deste decreto e os detalles facilitounos o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen espera que os incentivos xa sexan aplicados para as profesións que contribúan a formar á nova promoción de internos residentes que empezará en maio.
Xunto a outros incentivos, os titores de MIR tamén terán prioridade á hora de participar en actividades de formación continuada e outorgaráselles puntuación adicional nos baremos para que poidan "mellorar" a súa situación en procesos selectivos ou concursos de trasladados.
Comesaña constatou que, a día de hoxe, o Servizo Galego de Saúde ten 900 titores de MIR, dos que 350 corresponden á especialidade de Medicina Familiar. "Temos un problema importante de titores, sobre todo para Primaria", asegurou Comesaña, quen lembrou que este ano a oferta galega de prazas para o primeiro nivel asistencial é de 207 --dos 620 totais--.
REMUNERACIÓN ECONÓMICA
Por outra banda, Comesaña insistiu na boa remuneración económica dos MIR na Atención Primaria de Galicia e suliñou que que as prazas que quedaron libres o pasado ano nesta especialidade, un 8,5% no conxunto do Estado, foi responsabilidade do sistema de elección telemática dos destinos e non polas malas condicións económicas que se ofrecen.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.