Crime de Valga: o xuízo será a porta pechada e o acusado enfróntase á pena de prisión permanente revisable

A deicisón tomouse para "salvagardar a integridade psíquica e moral" dos nenos

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 06/03/2023 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra celebrará a porta pechada o xuízo contra José Luís Abet polo triplo crime de Valga no que en setembro de 2019 matou a tiros á súa ex muller (de 39 anos); a súa ex cuñada (de 27 anos); e a súa ex sogra (de 58) en presenza dos seus fillos de 4 e 7 anos.

Este luns quedou constituído o xurado que está conformado por sete mulleres e dous homes. O proceso de elección dos membros do tribunal popular foi máis lento do inicialmente previsto e non se completou ata pasada a unha da tarde.

A continuación, segundo explicou Manuel Martín, avogado que representa á acusación particular presentada pola familia das vítimas, a petición da Fiscalía e apoiado por todas as partes personadas consideraron que "o mellor é que se celebre a porta pechada para salvagardar a integridade psíquica e moral dos nenos".

Este letrado sinalou que eles son "as auténticas vítimas" do ocorrido. O avogado da Fundación Amigos de Galicia, que exerce a acusación popular, Francisco José Lago Calvo, incidiu en que "o informe do psicólogo foi claro neste sentido", xa que destacaba que "non era conveniente para o interese superior dos menores". Unha vez tomada esta decisión a sesión suspendeuse e será este martes cando se renove a vista oral que ocupará a mañá e tamén a tarde.

PRISIÓN PERMANENTE REVISABLE

Durante toda a semana, pasarán pola sala de vistas unhas 70 persoas, entre testemuñas, gardas civís, psicólogas, médicos forenses e peritos. A defensa do autor confeso do triplo crime non achega ningunha testemuña, senón que son todos das acusacións.

José Luís Abet está acusado tres delitos de asasinato, un delito de tenencia ilícita de armas e dous delitos de lesións psíquicas graves. Por estes feitos, enfróntase á pena de prisión permanente revisable.

Dous axentes de Policía Nacional levan ao acusado dun triplo crime, José Luís Abet, ao xuízo que arrinca hoxe na Audiencia Provincial de Pontevedra
Dous axentes de Policía Nacional levan ao acusado dun triplo crime, José Luís Abet, ao xuízo que arrinca hoxe na Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta