Denuncian danos nunha poboación de carballo anano no Monte Pindo tralos traballos de roza da Xunta

Adega sinala que o carballo anano é unha especie ameazada e que neste caso numerosos exemplares foron danados

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/03/2023 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, vén de denunciar os danos causados a "numerosos exemplares de carballo anano", unha especie ameazada, polos traballos forestais realizados no monte de San Cibrán, en plena Rede Natura 2000 do Monte Pindo. 

Especies de carballo anano danadas durante os traballos de roza da Xunta no Monte Pindo
Especies de carballo anano danadas durante os traballos de roza da Xunta no Monte Pindo | Fonte: ADEGA

O colectivo explica que unha poboación desta especie foi rozada durante labores forestais realizados pola Xunta de Galicia. "Como resultado da roza, numerosos exemplares resultaron danados e algúns pés foron eliminados", indica Adega. Precisamente, na zona localízase unha das poboacións máis numerosas desta especie ameazada. 

Adega lamenta que tanto por parte de Medio Rural como de Medio Ambiente "non tiveran en conta a presenza da especie" á hora de acometer os traballos de roza e limpeza preventiva contra lumes. "Resultaría paradoxal que o que non conseguiron os incendios no Pindo, poida conseguilo a Xunta cos traballos para a prevención do lume, con 37.000 euros de fondos europeos", manifestan.

Para a asociación este "lamentable caso" amosa as consecuencias da "política permisiva e de rebaixas lexislativas continuas" levadas a cabo pola Xunta de Galicia coa Rede Natura 2000.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta