Rueda contundente cun futuro acordo con Jácome: "Ese pacto non se vai producir"

O presidente da Xunta subscribe as palabras do candidato do PP en Ourense, Manuel Cabezas, e fecha calquera pacto con Jácome no concello ou na deputación.

Por Xurxo Salgado | Ourense | 30/03/2023 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Con contundencia e sen dubidar en ningún momento. Alfonso Rueda quixo acalar calquera especulación sobre un futuro pacto con Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana despois das eleccións municipais. "Ese pacto non se vai producir", dixo con rotundidade.

Reunión de Alfonso Rueda con Gonzalo Pérez Jácome.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Reunión de Alfonso Rueda con Gonzalo Pérez Jácome.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

O líder do PP pronunciouse así tras ser preguntado por Galicia Confidencial ante a febleza manifestada polo líder do seu partido en Ourense e presidente da deputación, José Manuel Baltar. Este domingo nunha entrevista na Cadena Ser evitaba ser categórico e lembraba que, no caso do organismo provincial non fora un "erro" pactar con Jácome. Unha postura diferente a manifestada uns días antes polo candidato popular na cidade das Burgas, Manuel Cabezas, quen descartou pactar con Jácome tras as municipais.

"Ese pacto non se vai producir. Na deputación teremos maioría bonda para gobernar sen problemas e ógalla teñamos tamén maioría sufciente no concello para gobernar en solitario", dixo Alfonso Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Así destacou que falou tanto con Cabezas como con Baltar a este respecto e coincidiu en que o pacto na deputación "funcionou ben", non así o do concello onde os populares acabaron marchando do goberno de Jácome. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta