Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2023 | Actualizada ás 18:02
Os grupos do Parlamento galego votaron este mércores a favor dunha iniciativa presentada polo BNG na que se insta ao Goberno da Xunta a impulsar a creación de cemiterios para confesións minoritarias en Galicia, como é o caso da musulmá.
O deputado nacionalista Manuel Lourenzo expuxo na Cámara casos como o de Ismael, un mozo de Arcade que faleceu o pasado mes de decembro e "puxo de manifesto" as trabas que existen para que comunidades como a súa, musulmá, "poidan enterrar dignamente" aos seus seres queridos.
"Estamos a falar de familias que en moitos casos levan décadas vivindo aquí e de persoas que naceron en Galicia. Son cidadáns galegos de pleno dereito", dixo Lourenzo, que lembrou que a Cámara galega xa adquiriu este compromiso en 2017.
Con esta iniciativa búscase "garantir o dereito de todas as persoas que teñan crenzas relixiosas minoritarias en Galicia, pero cun arraigamento importante" poidan "levar adiante os seus enterramentos seguindo as súas crenzas" e se necesidade de expatriar os cadáveres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.