Cesga e Fujitsu poñerán en marcha en setembro un centro cuántico con sedes en Santiago e Vigo

A posta en marcha do computador cuántico máis potente do sur de Europa será a primeira pedra deste proxecto con vocación de futuro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2023 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Situar a Galicia como "referencia mundial" da computación cuántica nun momento de despegamento para esta tecnoloxía é o obxectivo que se marcan o Centro de Supercomputación de Galicia e a multinacional xaponesa Fujitsu, que poñerán en marcha a partir do mes de setembro un centro cuántico con sedes en Santiago e Vigo.

O lanzamento deste centro ten como base a adquisición para o Cesga dun computador cuántico que, coa súa instalación a partir de outono, converterá Santiago no punto coa tecnoloxía máis potente das súas características de todo o sur de Europa.

A alianza entre o Cesga e Fujitsu, da que forma parte a Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Again), pretende ir máis aló da posta en marcha deste 'super ordenador' no centro da Universidade de Santiago de Compostela que este 2023 cumpre 30 anos.

O 'xigante' tecnolóxico enviará a Galicia durante o próximos tres anos "seis recursos", aínda que a intención preliminar é que este traballo conxunto se prolongue no tempo. Como primeiro paso, Fujitsu e Cesga realizarán tres casos de usos reais con empresas galegas de alto perfil de cara a "demostrar o potencial e os beneficios prácticos das tecnoloxías cuánticas".

Presentación do centro cuántico de Galicia
Presentación do centro cuántico de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta