Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/05/2023 | Actualizada ás 13:32
Os falecidos con covid ascenden a 4.140 en Galicia tras catro novas mortes rexistradas nos últimos días, segundo informa a Consellería de Sanidade con datos actualizados ás 18,00 horas do martes.
Os falecidos son un home de 64 anos, na área sanitaria de Vigo, o pasado 28 de abril; e dous homes, de 94 e 83 anos, na área sanitaria da Coruña e na de Ferrol, respectivamente, o pasado 29 de abril e unha muller de 80 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee, o día 2. Todos tiñan patoloxías previas.
En canto aos casos activos sitúanse en 905, dos que 166 son da área da Coruña; 123 na de Lugo; 135 na de Ourense, 87 na de Pontevedra; 170 na de Vigo; 155 na de Santiago e 68 na de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, oito están en UCI e 130 en unidades de hospitalización, ademásde 767 no domicilio. Por áreas sanitarias, na da Coruña e a de Ferrol hai 32 e tres, respectivamente, na primeira, e once e unha, na segunda.
Na de Lugo son 14 en planta e dúas en UCI; na de Ourense, 19 hospitalizados en planta e ningún en unidade de coidados intensivos; na de Pontevedra, trece e un en cada caso e na de Santiago, 19 en planta e un en UCI. Na de Vigo son 22 en planta e ningún en coidados intensivos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.