Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2023 | Actualizada ás 19:59
O Concello de Santiago emitiu un comunicado este luns no que quere aclarar que a actuación de Alcaldía na contratación da nave para recolocar aos traballadores de Medio Rural e de Parques e Xardíns foi meramente "competencial". É dicir, limitouse "a decidir a área que tiña que encargarse do expediente", pero "non" o contido do contrato que se asinou con Desproi, é dicir, desvinculouse do contido.
Entre a documentación que o PP achegou á denuncia presentada nos xulgados composteláns contra a xunta de goberno local que aprobou a proposta de Desproi (ligada a un xa ex concelleiro do goberno local, José Manuel Pichel), figura un escrito da funcionaria directora de área de benestar ambiental para dar resposta a unha petición de información interdepartamental do Concello, concretamente, de Réxime Interior.
Nel, (no marco do expediente) dáse información sobre a situación contractual das dependencias nas que se desenvolve a actividade o departamento de Medio Rural e Parques e Xardíns e a previsión de continuidade.
Neste documento, do 15 de setembro de 2022, a funcionaria apunta que en setembro de 2021 asinouse un informe técnico no que se facía constar a necesidade de dotar aos dous mencionados departamentos dunhas instalacións adecuadas para o desenvolvemento da súa actividade laboral, dada a "inminente demolición dos espazos" que viñan ocupando. Dese documento (achegouse copia), deuse traslado a Alcaldía.
Tamén remitiu nesa resposta o informe de estudo de prezos do mercado sobre instalacións idóneas para albergar os servizos que se precisaba aloxar. Engade nese mesmo documento que "seguindo instrucións de Alcaldía", elaborouse " unha proposta dirixida á xunta de goberno local para a adopción do acordo de aluguer das instalacións".
RESPOSTA DO CONCELLO
Así, nun comunicado por mor destas informacións, o Concello de Santiago aclaran que a función de Alcaldía limitouse a decidir o departamento que tiña que facerse cargo do expediente. "Trátase pois dunha cuestión competencial sobre que área debía informar, propor e organizar o traslado destes servizos: os que xestiona Benestar Medioamiental ou a área de Persoal e Réxime Interior".
Respecto diso, o Concello dixo que "o que vén facendo" pola súa banda é que "os traslados os organiza cada servizo", tal e como se fixo co traslado dunha parte de Urbanismo a Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega, ou coas obras da antiga Emuvissa. Así as cousas, remarca que "en ningún caso, a solicitude dun informe ou unha proposta técnica presupón cal é o contido do devandito documento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.