Só coa traizón puideron os esbirros de Somoza inmortalizar a Sandino, quen dirixiu entre 1927 e 1933 a guerra de guerrillas nese país centroamericano contra o exército de ocupación dos Estados Unidos.
A súa loita contra o imperialismo xerou un dos primeiros movementos de solidariedade antiimperialista de todo o continente. A campaña do Comité “Mans Fóra de Nicaragua” creouse en México cos seguintes obxectivos expresados no primeiro número do seu boletín diario:
1) o envío de medicamentos e en xeral de auxilios médicos a Sandino, xa que son os únicos elementos que lle faltan para continuar a loita contra os invasores estranxeiros;
2) facer a propaganda máis ampla contra os procedementos do imperialismo norteamericano en Nicaragua, así como nos demais países latinoamericanos, e a favor da loita emancipadora de Sandino.
A epopea libertaria de Augusto Sandino transcendeu as fronteiras, transformándose en símbolo e bandeira dos pobos que loitan contra a opresión e o dominio de forzas externas. Varias foron as organizacións, nacionais e internacionais, que participaron na solidariedade activa, moitas delas ligadas directamente ao Partido Comunista Mexicano e á Comintern, entre elas a liga contra o Imperialismo e pola Independencia Nacional, o Socorro Obreiro Internacional, a liga Antiimperialista das Américas (Comité Continental e sección mexicana), a UCSAYA (Unión Centro Sud Americana e Antillana), a liga Internacional Prol Loitadores Perseguidos, a liga Internacional Antifascista; a Internacional dos Traballadores do Ensino, a Federación Anticlerical Mexicana, a Unión Patriótica de Haití, a Asociación dos Traballadores do Ferrocarril, a liga Nacional Campesiña e a Federación Mineira de Jalisco.
O Comité Directivo quedou conformado da seguinte maneira: como Presidente de Honra, Augusto César Sandino, e como Tesoureiros, o Profesor Rafael Ramos e o Doutor Carlos León. Como Secretario Xeral foi designado o peruano exiliado Jacobo Hurwitz. Outros membros destacados do Comité foron o pintor Diego Rivera; o dirixente comunista cubano Julio Antonio Mella; a fotógrafa italiana Tina Modotti e tamén o ex aprista Nicolás Terreros.
As ideas e pensamentos de Sandino son lembrados en Nicaragua e o Mundo: “A miña maior honra é xurdir do seo dos oprimidos, que son a alma e nervio da raza”. A súa loita e o seu pensamento está máis vixente que nunca. Sandino dicía: “A soberanía non se discute, deféndese coas armas na man.”