Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 10:31
A Garda Civil detivo a un home de nacionalidade romanesa e sen domicilio coñecido en España como suposto autor de oito delitos de roubo con forza no interior de establecementos situados nos concellos coruñeses de Ames e Teo.
Tal como informou a Benemérita, a investigación comezou a principios deste mes de maio por mor da denuncia de varios roubos nos que se observaba o mesmo 'modus operandi'. Por iso, a Garda Civil logrou dar co suposto autor dos feitos, que foi detido o pasado día 26 por un roubo no interior das instalacións dunha empresa de autobuses de Teo. Ademais, constatouse que tamén sería o autor de sete delitos máis de roubo en establecementos situados na devandita localidade e en Ames.
No momento da súa detención, xa que lle figuraba unha requisitoria de procura e detención do Xulgado do Penal número 2 da Coruña, circulaba nunha bicicleta que fora previamente subtraída, levando cuberta a cabeza cun gorro gris de la, bufanda e luvas. Pezas que posteriomrnete pescudouse que foran utilizadas en varios dos delitos dos que se lle acusa.
As dilixencias instruídas xunto co detido foron postos a disposición xudicial do Xulgado de Garda de Santiago de Compostela, decretando o seu ingreso en prisión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.