O colectivo LGTBIQ+ non mostra a súa orientación sexual no traballo, por que?

Evitar rumores e comentarios, medo ao mobbing, ou a perder o traballo e perder oportunidades profesionais son algunhas das causas que explican esta situación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/07/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

2 de cada 10 persoas do colectivo mostran a súa orientación sexual no traballo en Galicia, segundo unha enquisa realizada por 40db para Amazon España. Esta constata tamén que un 40,9% das persoas da comunidade en Galicia afirman sufrir discriminación durante a súa primeira etapa profesional.

Persoas reivindican os dereitos do colectivo LGTBIQ+
Persoas reivindican os dereitos do colectivo LGTBIQ+ | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Entre as causas que explican esta situación encontrase o feito de evitar rumores e comentarios, o medo a que cambie a valoración profesional, medo ao mobbing ou a perder o traballo e perder oportunidades profesionais. De feito, en Galicia, só un 15,4% dos enquisados traballa en empresas ou institucións que desenvolven políticas específicas dirixidas á comunidade.

Ademais este colectivo soe recorrer ao "sexilio", en Galicia ten especial relevancia nos municipios de menos de 20.000 habitantes, xa que un 44% das persoas LGTBIQ+ destas localidades tivo que cambiar o seu lugar de residencia. Iván, empregado de Prime Vídeo en Madrid, abandonou hai anos o lugar onde creceu. "Tívenme que marchar dende un pobo de Castellón, tras unha infancia na que sufrín acoso no instituto e interioricei unha homofobia que non facía máis que crecer. Como a moitas persoas LGTBIQ+, para poder vivir con liberdade plena, funme a Madrid, onde podía ser eu mesmo", explica.

"SAÍR DO ARMARIO"

A idade media á que as persoas da comunidade LGTBIQ+ de Galicia "saen do armario"

sitúase nos 20,3 anos, aínda que o 18% dos enquisados asegura que aínda non o fixo.

Para as persoas LGTBIQ+ en Galicia, o traballo é a contorna na que menos mostran

abertamente a súa orientación sexual, co 22%. O círculo de amizades, co 54,2%; e a

familia, co 27,5%, son as contornas onde se sinten máis cómodos para compartir a súa orientación sexual ou identidade de xénero.

 

O medo ao rexeitamento ou ao illamento (36%), o medo a sufrir acoso verbal (31%) e o medo a perder á familia ou aos amigos (28%) son os principais factores que atrasan a apertura nas contornas máis próximas. Neste aspecto, a enquisa pon de manifesto que un 30% das persoas en Cantabria rompeu relacións de amizade debido á súa orientación sexual e/ou identidade de xénero, e un 26% fíxoo con membros da súa familia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta