Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 08/07/2023 | Actualizada ás 00:36
Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, vén de confirmar a súa presenza no acto inaugural da XXIV Feira do Viño de Valdeorras, que terá lugar a partir das 12.00 horas do vindeiro sábado, 8 de xullo, na barquense praza de Viloira.
Xunto ao titular do Goberno galego, desprazaranse ata o Barco o conselleiro do Medio Rural, José González, e o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. Ademais de Rueda, intervirán no acto o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, e o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, entre outras autoridades.
O evento iniciarase coa lectura do pregón a cargo do escritor e xornalista Manuel Jabois. A continuación, tras o pregón, terán lugar as diferentes intervencións institucionais e, ao finalizar os discursos, as autoridades realizarán un percorrido polas diferentes casetas das adegas presentes no recinto feiral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.