Por Europa Press / Redacción | Compostela | 24/07/2023 | Actualizada ás 11:09
O vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado, candidato ao Congreso pola Coruña, dixo este luns que é unha "mágoa" que o líder socialista, Pedro Sánchez, non aproveitase a mensaxe que mandou onte á noite ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, tras os resultados das eleccións xerais para "felicitar a quen gañou".
Segundo fontes do PP, Sánchez envioulle unha mensaxe a Feijóo emprazando a manter contactos "nos próximos días" para "evitar o bloqueo político" tras as xerais deste domingo. E durante unha entrevista en TVE recollida por Europa Press, Tellado confirmou que Feijóo contestou a esa mensaxe, pero cre que é unha "mágoa que a segunda forza política non aproveitase" a conversación "para felicitar a quen gañou as eleccións". É dicir, o PP, que conseguiu 136 escanos, fronte aos 122 do PSOE.
Aínda así, sinalou que o PP ten a "man tendida" a todos os partidos, menos a Bildu, e lembrou que a súa formación apoiou ao PSOE en Vitoria e ao PNV en Guipúzcoa tras as eleccións do 28M, e por tanto "ninguén entendería que agora todos se unan para impedir que goberne o que gañou as eleccións", sinalou.
Recalcou ao PSOE que o que fixeron desde o PP foi "bloquear ao independentismo en Vitoria e bloquear ao independentismo en Barcelona, onde os 'populares' permitiron que o socialista Jaume Collboni se fixese coa Alcaldía. E dixo que a situación que deixa o 23J "lembra moito á do ano 96", cando o PSOE actuou con "responsabilidade", polo que lles animou a "deixar gobernar a quen gana".
Considera que a celebración socialista en Ferraz "non se corresponde cunha derrota electoral" porque, aínda que as enquisas "dicían o que dicían", o "evidente" é que gañou o PP, aínda que para Tellado, o resultado do bloque da dereita débese á división dos votos e insta a Vox a que decida se deixa gobernar a quen gañou as eleccións ou se se pon "ao lado de Pedro Sánchez".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.