PSOE e BNG urxen ao alcalde de Ourense medidas ante o "caos" pola execución de obras na cidade

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense denunciou "improvisación" e "caos" nas obras promovidas polo goberno local, mentres que o BNG reclámalle esixir que se cumpra con "rigor" os plans de seguridade na execución de obras.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/08/2023 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense denunciou "improvisación" e "caos" nas obras promovidas polo goberno local, mentres que o BNG reclámalle esixir que se cumpra con "rigor" os plans de seguridade na execución de obras.

"Gran parte da cidadanía verá impedido o acceso en vehículo aos seus domicilios padecendo, por outra banda, o ruído derivado das obras e un colapso do tráfico sen precedentes", sinalan os socialistas sobre obras en marcha no centro da cidade. "A proba desta tolemia atópase nas obras de Celso Emilio Ferreiro que comezaron hai máis de dous meses e a situación actual é de absoluta incertidume", engaden os socialistas.

Á súa vez, o BNG demanda ao alcalde, como responsable de Infraestruturas, "que obrigue ás empresas adxudicatarias das obras a que apliquen con rigor o plan de seguridade" para garantir o acceso de servizos asistenciais e de emerxencias a zonas en obras e impedir o acceso de persoas alleas ás mesmas.

Guindastre en Ourense
Guindastre en Ourense | Fonte: Rosa Veiga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta