Os videoxogos xa non son só un entorno de homes, case o 50% de xogadores son mulleres

Dentro das tendencias, aumenta o número de horas xogadas e cambia a tipoloxia dos videoxogos, auxe dos eSports e descenso dos xogos de acción ou de FPS.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/08/2023 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Se pensas nunha persoa xogando a un videoxogo é probable que o primeiro que se che pase pola cabeza sea a imaxe dun neno ou un home facendoo pero non pasa nada, porque os datos reflexan que as cousas cambian e as mulleres que xogan cada vez son máis, achegándose ao 50% dos usuarios.  Ademais, o sector do videoxogo segue crecendo en España superando xa os 2.000 millóns de euros de facturación durante o 2022 e a venda online xa supera con fartura á física.

Videoxogo de fútbol
Videoxogo de fútbol | Fonte: Commons

Así se debulla da análise realizada pola escola de deseño e artes visuais LCI Barcelona, que reflicte un crecemento do 48% da facturación en 2022 respecto fai cinco anos, en 2017. En concreto, en cinco anos o sector creceu en máis de 600 millóns de euros. Mentres que en 2017 os informes da asociación reflectiron unha facturación de practicamente 1.360 millóns de euros, en 2022 os datos superaron os 2.000 millóns de euros durante o exercicio.

"A chegada de novas tecnoloxías, de máis ferramentas e de novos mozos que de verdade queren aprender a desenvolver videoxogos explican este contexto de constante crecemento", indica David Carretero, experto en videoxogo na LCI Barcelona. Ademais, hai que destacar o aumento de popularidade dos videoxogos como forma de entretemento, especialmente entre as mulleres, que xa case supoñen o 50% dos usuarios de toda España.

En concreto, en 2022 os últimos datos da asociación cifraron en 9,6 millóns de homes os afeccionados aos videoxogos en España e en 8,5 millóns ás mulleres. Un 53% fronte ao 47% delas para o total de 18,1 millóns de xogadores e xogadoras en todo o país. As cifras, positivas polo crecemento de usuarios, reflicten un aumento de máis dun millón de mulleres, confirmando ese 23% máis de mulleres que xogan a videoxogos. 

HORAS E TIPOS DE VIDEOXOGOS

A análise realizada por LCI Barcelona en base ás cifras recollidas por AEVI no últimos catro anos tamén confirman o aumento de horas de xogo semanais que hai en España. En 2022 recolleuse unha media de 7,42 horas de xogo á semana, supondo un aumento do 8% respecto ao ano pasado. Con todo, tamén crece notablemente respecto de 2018, cando o dato era de 6,2 horas por semana. 

Respecto das temáticas, o informe reflicte un cambio de tendencia. O detectado é que cae notablemente a compra de xogos de acción, que se reduce en case un 40% entre 2018 e 2022. Algo parecido ocorre cos xogos FPS, como poden ser populares videoxogos como o Call of Duty, cuxo consumo se reduce un 62%. Os de deporte descenden lixeiramente un 12%, aínda que o auxe dos eSports abre unha nova vía de desenvolvemento para esta área.  

Segundo indican dende a escola, a nivel educativo estes datos son positivos. "Antes soaba a algo afastado, pero todos os mozos que de pequenos se entretiñan coa Play, agora saben que poden formarse para desenvolver eses mesmos videoxogos e moitos máis", subliña Carretero.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta