Por que son tan importantes o cabalo salvaxe e o toxo para protexer os montes galegos?

A presenza do cabalo salvaxe en distintos tipos de paisaxes dominados por uceiras, que son comunidades de gran interese pola súa biodiversidade, garanten a conservación ao someter a vexetación a unha presión constante mais de baixa intensidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/08/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Os montes galegos contan con duras condicións ás que se enfrontan os animais salvaxes que alí viven, un destes é o cabalo en liberdade. Estos animais son herbívoros e en Galicia, aproveitan as comunidades arbustivas de talla baixa como pode ser o toxo. Debido ao baixo valor nutritivo destas e as condicións dos montes, estos animais vense na obriga de consumilas en maior cantidade e recurrir sobretodo ao toxo que contén uns nivieis superiores de nitroxeno.

Un grupo de cabalos
Un grupo de cabalos | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Grazas a isto, os cabalos, de maneira incosciente, manteñen un equilibrio da presenza desta planta. Pero cal é o problema? Pois o problema está na diminución continua da poboación do cabalo salvaxe que, pese a non contar con cifras reais, estímase que se reduciu á metade ou máis, dende 1973 ata 2020, tal e como suliñan desde Adega.

Esta diminución pode deberse ao cambio na organización das greas (conxunto no que se organizan os cabalos) que tradicionalmente tiñan total liberdade para ocupar o espazo e aproveitar o monte e agora hai unha maior intervención humana e onde se empregan aos cabalos en peches para que limpen o terreo onde pastan as vacas.

Isto é un problema porque como se reflexou uns parrafos antes os cabalos axudan a controlar a vexetación de plantas arbustivas. En caso de que o crecemento destas non se controlase, limitariase o das especies herbáceas, alimento das vacas, o que reduciría a biodiversidade de algúns insectos ou reptiles. Ademais, tamén influiría no aumento do risco de lumes e na dispoñibilidade de recursos para os polinizadores e as aves.

Por todo, é necesario valorar a función que os cabalos salvaxes cumplen nos nosos montes xa non só polo control dalgunha especie de plantas senón pola súa axuda no control de lumes, o seu valor mediomabiental, pola súa vinculación aos queirogais (vexetación característica de gran valor ambiental, recoñecida na lexislación europea) e polo seu atratactivo turístico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta