Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2023 | Actualizada ás 16:56
A onda de calor, con temperaturas elevadas a pasada madrugada, provocou treboadas en varios puntos de Galicia nas últimas horas, de modo que a comunidade rexistrou 404 raios desde as 00,00 ata as 12,00 horas deste mércores, segundo a información de Meteogalicia.
De acordo con estes datos, a actividade eléctrica concentrouse na Mariña de Lugo, pero tamén afectou a comarcas como as de Ortegal e Ferrolterra.
Así mesmo, a rede de Meteogalicia detectou raios en áreas da contorna de Santiago de Compostela, Carballo e Santa Comba.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.