Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2023 | Actualizada ás 13:41
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pediu medidas de concienciación aos concellos e un uso responsable da auga por parte da cidadanía. Fíxoo ante as actuacións adoptadas xa pola seca como a prealerta por escaseza moderada activada o pasado mércores nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Grande, no municipio coruñés de Camariñas.
No entanto, sobre as demandas á cidadanía e aos consistorios pola situación dos encoros, Vázquez sinalou que estas disposicións deben tomarse "sen estar alarmados". E é que, segundo apuntou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a situación de seca que se está vivindo en Galicia é "moito mellor que no resto de España".
PLANTA POTABILIZADORA EN NOIA
A conselleira fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas nun acto celebrado este luns en Noia para anunciar a licitación das obras de mellora e ampliación da planta potabilizadora (ETAP) deste municipio coruñés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.