O Concello de Ferrol destina 15.000 euros para un programa para a detección temperá do Alzheimer

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela (PP), subscribiu no mediodía deste mércores un convenio de colaboración coa entidade Afal Ferrolterra - Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer para impulsar un programa de detección temperá desta enfermidade.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 06/09/2023 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela (PP), subscribiu no mediodía deste mércores un convenio de colaboración coa entidade Afal Ferrolterra - Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer para impulsar un programa de detección temperá desta enfermidade.

Este acordo, dotado con 15.000 euros, foi rubricado na sede da entidade, na rúa Río Castro da cidade naval, onde o rexedor popular destacou que Afal Ferrolterra "é un centro de referencia para axudar ás persoas que sofren Alzheimer" que, ademais, "foi o primeiro centro de toda Galicia, xa no ano 2007".

"Estamos a sumar os esforzos desta entidade cos do Concello de Ferrol. Cando falamos de persoas que sofren Alzheimer, o que corresponde é que nos xuntemos todas as administracións para buscar solucións", sinalou o alcalde ferrolán.

UNHA ENFERMIDADE SEN CURA

O programa Stimulanet conta con máis de 100 usuarios e está enfocado á detección temperá e ofrecer aos pacientes unhas primeiras accións para frear a deterioración do Alzheimer. "Temos un compromiso importante coas persoas maiores, xa que grazas a elas chegamos ata aquí", incidiu o alcalde. Pola súa banda, o presidente de Afal Ferrolterra, Carlos López, agradeceu esta achega económica por parte do Concello de Ferrol.

Un ancián recibe atención
Un ancián recibe atención | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta