Unha de cada catro ofertas de traballo en Galicia demanda titulados en FP

Segundo un informe da empresa de recursos humanos Adecco, en 2020, en plena pandemia, a demanda dos titulados de Formación Profesional gañou un peso na oferta de emprego galega que a converteu na formación máis buscada, con catro de cada 10 vacantes entón. Agora ese peso reduciuse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2023 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Unha de cada catro ofertas de traballo en Galicia solicita Formación Profesional, segundo un informe da empresa de recursos humanos Adecco. En concreto, segundo destaca sobre a evolución desta circunstancia na comunidade galega, durante o pasado ano reduciuse de novo a proporción, aínda que con menos intensidade (igual que a nivel estatal) do peso da FP nas ofertas de emprego galegas (- 6,66 puntos porcentuais) para representar o 25,06 % delas.

En 2020, en plena pandemia, a demanda dos titulados de Formación Profesional gañou un peso na oferta de emprego galega que a converteu na formación máis buscada, con catro de cada 10 vacantes entón. En 2021, en cambio, produciuse un "importante descenso" na porcentaxe de ofertas que requirían estes coñecementos, de 8 puntos porcentuais, que fixo que a FP deixase outra vez de ser a formación máis solicitada nas ofertas de emprego galegas (31,72 %).

Adecco sinala que esta evolución non foi equitativa en ambos os niveis de FP: Técnico Superior e Técnico Medio. Tomando como referencia o global da oferta de emprego, as titulacións de Grao Medio de FP foron demandadas no 11,29 % das ofertas publicadas na comunidade, 3,82 puntos menos que hai un ano, polo que sufriron con maior intensidade o peso deste descenso. As titulacións de Formación Profesional de Grao Superior, pola súa banda, reduciron a súa demanda en Galicia dun 16,61 % hai un ano ao 13,77 % actual (- 2,84 puntos porcentuais).

Alumnado nun centro de FP
Alumnado nun centro de FP | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta