Manzaneda e Chandrexa loitarán por converterse en Capital da Montaña Española

A Deputación de Ourense prestará o seu apoio institucional á candidatura, que pretende para dar a coñecer os recursos e potencial destes territorios rurais de alta montaña, con especial atención aos espazos naturais protexidos nesta zona do Macizo Central.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/09/2023 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense prestará o seu apoio institucional á candidatura promovida pola agrupación de concellos de Manzaneda e Chandrexa de Queixa como Capitalidade da Montaña Española 2024, que pretende para dar a coñecer os recursos e potencial destes territorios rurais de alta montaña, con especial atención aos espazos naturais protexidos nesta zona do Macizo Central.

O presidente da Deputación, Luís Menor, puido coñecer este luns os detalles da candidatura durante a reunión que mantivo no Pazo Provincial cos alcaldes de ambos os municipios: Amable Fernández por parte de Manzaneda, e Francisco Rodríguez, de Chandrexa de Queixa, acompañados polo deputado de Turismo e presidente do Inorde, Rosendo Fernández. Luís Menor valorou o labor realizado por ambos os rexedores para "definir unha estratexia que sirva de revulsivo para estes municipios, e sobre todo abrir unha nova porta ao relanzamento da estación de montaña".

Estación de Manzaneda
Estación de Manzaneda | Fonte: Wikipedia - Arquivo

Con esta proposta, Manzaneda e Chandrexa de Queixa tentan alcanzar por segunda vez a distinción como Capital da Montaña Española, candidatura que quedou como segunda finalista en 2023 no proceso de selección que cada ano promove a Asociación Española de Municipios de MontañaCo aval da Deputación, a través do Inorde, e da Axencia de Turismo de Galicia, a opción ourensá loitará pola distinción na asemblea xeral da citada asociación, prevista para os días 3 e 4 de outubro.

POTENCIAIS NA CANDIDATURA

A agrupación local Manzaneda-Chandrexa de Queixa inclúe seis recursos e potenciais destacados para a súa candidatura, empezando pola gran riqueza natural e ambiental de ambos os dous municipios, onde o 77,62 % do territorio conxunto está incluído na Rede Natura 2000, clasificado como zona de especial protección na área de montaña do Macizo Central. Destaca tamén o documento a gran riqueza paisaxística e valores ambientais, con zonas pouco coñecidas como o val Glaciar de Prada e das Aguilladas en Manzaneda, e o das Forcadas e Requeixo, en Chandrexa.

A cultura e o patrimonio histórico e etnográfico son outros factores sobresalientes: a muralla e a vila medieval de Manzaneda, ben de interese cultural desde 1949, así como vestixios 'castrexos'. Na liña, muíños, curros e lagares constitúen os elementos destacados de Chandrexa. Ambos os concellos, ademais, subliñan a cooperación que manteñen na loita contra o despoboamento no rural.

OUTROS ENCONTROS

Menor tamén se reuniu cos alcaldes de Cortegada, Avelino de Francisco; Vilamarín, Amador Vázquez; e a rexedora de Vilariño de Conso, Melisa Macía, continuando a súa rolda de entrevistas con rexedores para explicar as súas liñas estratéxicas de goberno e escoitar os proxectos e demandas dos mandatarios locais. Con eles tratou iniciativas en termalismo, espazos culturais e vivenda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta