A débeda de Galicia supera os 12.300 millóns de euros segundo os datos do Banco de España

No entanto, a débeda respecto ao PIB baixa ao 16,7%, sete décimas menos que o anterior trimestre (17,4%) e oito décimas menos que un ano antes (17,5%).

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 29/09/2023 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Galicia pechou o segundo trimestre con 12.333 millóns de euros de débeda, segundo datos que publica o Banco de España este venres. Esta cifra supón a segunda maior na serie histórica, xa que rexistra unha baixada respecto á marca de 12.608 millóns que se computou no primeiro trimestre de 2023.

Ademais, estes 12.333 millóns son 509 millóns máis de débeda (+4,3%) que no mesmo período de 2022. No entanto, a débeda respecto ao PIB baixa ao 16,7%, sete décimas menos que o anterior trimestre (17,4%) e oito décimas menos que un ano antes (17,5%). Nun comunicado, a Xunta destaca que a débeda do 16,7% respecto ao PIB sitúase en niveis de 2012 (no terceiro trimestre de 2022 quedou no 16,6%).

COMPARATIVA POR COMUNIDADES

Por comunidades, Galicia ocupa o sétimo posto con maior débeda en volume, mentres que é a sexta con menor débeda en comparativa co PIB. A Consellería de Facenda Galicia destaca que é a cuarta menor no cociente do PIB nas autonomías de réxime común.

A débeda por habitante é na comunidade galega en 4.565 euros fronte aos 6.795 euros da media autonómica. "Hai que lembrar que o Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde ao ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas a comunidade", afirma Facenda.

Igualmente, a Xunta apunta que Galicia mantén un diferencial de 6,5 puntos fronte á débeda/PIB da media de comunidades, que é do 23,2%.
 

Fachada do edificio do Banco de España situada na confluencia do Paseo do Prado e a madrileña rúa de Alcalá.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Fachada do edificio do Banco de España situada na confluencia do Paseo do Prado e a madrileña rúa de Alcalá.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta