Galicia contará desde este luns cun servizo de información, asesoramento e atención psicosocial ante a LGTBIfobia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2023 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O servizo 028 Arco da Vella de información, asesoramento xurídico e atención psicosocial inmediata e especializada fronte a todas as formas de violencia por LGTBIfobia porase en marcha este luns.

Segundo informou a Xunta, a iniciativa nace dun convenio de colaboración asinado entre o Ministerio de Igualdade e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Este servizo é gratis e está dirixido, en concreto, ás vítimas de delitos de odio ou de discriminación por LGTBIfobia, así como para informar e atender a calquera necesidade das persoas LGTBI, ás súas familias e persoas próximas.

Ademais do número de teléfono abreviado, pon a disposición da cidadanía dúas direccións de correo electrónico: 028-online@igualdad.gob.es e/ou sevizo028arcodavella@xunta.gal.

O 028 é confidencial e atenderá, por tanto, chamadas de información e sobre atención integral --solicitude de axuda tras un ataque, peticións de información relacionadas con delitos de odio, entre outros--. O 028 atenderá situacións de urxencia e emerxencia, derivado de forma inmediata a chamada ao teléfono de emerxencias 112 de Galicia.

Dous mozos sosteñen a bandeira LGTBI durante unha manifestación para condenar o asasinato dun mozo de 24 anos o pasado sábado na Coruña
Dous mozos sosteñen a bandeira LGTBI durante unha manifestación para condenar o asasinato dun mozo de 24 anos o pasado sábado na Coruña | Fonte: David Oller - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta