Luís López convoca o 16 de outubro aos rexedores de Pontevedra para informar o plan de investimentos

Por E.P. | PONTEVEDRA | 09/10/2023 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, convocou aos 61 alcaldes e alcaldesa da provincia para o próximo 16 de outubro, no Pazo Provincial, co fin de explicarlles o novo plan de investimentos destinados aos municipios.

O goberno provincial, do PP, trasladou que se trata dun plan para a repartición de fondos "marcado pola transparencia e a ausencia de sectarismo". Este encontro con rexedores e rexedoras enmárcase nos preparativos para a elaboración dos orzamentos da Deputación para 2024.

Na reunión trasladarase aos mandatarios locais a intención do organismo provincial de "estreitar a colaboración cos concellos e profundar no apoio aos investimentos municipais". Luís López tamén lles explicará "cales serán os principios e as liñas mestras que marcarán a repartición de fondos".

Nesa liña, comunicaralles o seu "compromiso" de levar a cabo un mandato "caracterizado pola proximidade, a comunicación fluída e a lealdade institucional" con todos os concellos, "sen importar o seu tamaño ou o partido de goberno".

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en rolda de prensa
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en rolda de prensa | Fonte: DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta