Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2023 | Actualizada ás 18:40
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que a princesa Leonor sempre terá o "respecto e apoio" de Galicia e destacou o seu xuramento da Constitución como símbolo de "estabilidade". Rueda asegura que a xura é "símbolo de estabilidade, continuidade e responsabilidade". "Todo un exemplo", apunta.
"Hai días que todos levamos gravados para sempre. O de hoxe ocupará un lugar destacado para todos os españois", sinala o presidente da Xunta nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social 'X', antes coñecida como Twitter.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.