A caída de exportacións acelérase en Galicia en setembro e acumula xa catro meses consecutivos de descenso

Galicia exportou bens por 2.494.910 millóns de euros en setembro, un 13,5 % menos que no mesmo mes de 2022, segundo os datos de comercio exterior publicados polo Instituto Galego de Estatísticia (IGE) este venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2023 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

Galicia exportou bens por 2.494.910 millóns de euros en setembro, un 13,5 % menos que no mesmo mes de 2022, segundo os datos de comercio exterior publicados polo Instituto Galego de Estatísticia (IGE) este venres. Deste xeito, a comunidade galega acumula catro meses consecutivos de baixada das exportacións (xuño, xullo, agosto e setembro).

Operario da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo
Operario da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo | Fonte: PSA Peugeot Citroën - Arquivo

De feito, en setembro acelérase o retroceso en oito puntos respecto da baixada do 5 % que computaba en agosto. Ademais, o 13,5 % de diminución é máis acusado que o 10,4 % de descenso na media española. A maior baixada de setembro experiméntana os combustibles (- 44,4 %). Os principais sectores en peso nas exportacións galegas sofren un descenso: vehículos (- 3,8 puntos) e pezas de vestir (- 3 puntos).

No acumulado do que vai de ano, entre xaneiro e setembro, as exportacións xa entran en terreo negativo (- 0,4 %), unha situación que contratasta cos datos positivos que encadeaba nos últimos meses. Así, contrasta co aumento do 0,3 % que se produce en España nese período. Mentres, as importacións esborralláronse un 29,4 % en setembro, cuns 1.800 millóns, case o dobre de redución que na media do país (16,2 %). A balanza comercial é positiva en máis de 695 millóns (un 138,6 % de cobertura).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta