O BNG presentará este luns o 'Plan Ourense Vivo', unha proposta para a revitalización da provincia

A deputada por Ourense Noa Presas declarou que desde o BNG están "centradas no importante", que é darlle a Galicia un cambio político, deixando atrás as "políticas fracasadas do Partido Popular" e a "tremenda desigualdade territorial" galega, "moi clara" na comarca de Ourense, "abandonada" por parte do Goberno central e autonómico, que "perde poboación e oportunidades de futuro".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/12/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentará este luns o novo proxecto 'Plan Ourense Vivo' nun acto que terá lugar na capital provincial e no que tamén participarán deputados, alcaldes e responsables da formación nacionalista de todas as comarcas. Segundo trasladou o BNG a través dun comunicado, trátase dun "ambicioso" proxecto de revitalización para o conxunto da provincia, cuxas medidas se darán a coñecer o luns. Un plan que formará parte do programa de goberno do Bloque e terá como eixo central o equilibrio territorial.

A deputada por Ourense Noa Presas declarou que desde o BNG están "centradas no importante", que é darlle a Galicia un cambio político, deixando atrás as "políticas fracasadas do Partido Popular" e a "tremenda desigualdade territorial" galega, "moi clara" na comarca de Ourense, "abandonada" por parte do Goberno central e autonómico, que "perde poboación e oportunidades de futuro". Presas asegurou que o 'Plan Ourense Vivo' é a alternativa do BNG que "cambiará o guión deste abandono", con propostas que van desde o reforzo dos servizos públicos ao impulso económico, así como a reindustrialización, o reforzo do Campus da Auga e a aposta polo termalismo e o medio rural.

A deputada nacionalista tamén recalcou que "hai un futuro para Ourense", pero que para chegar a el "non valen localismos estériles nin proxectos importados das forzas estatais", se non que é necesario un "proxecto de país ao servizo dun impulso das comarcas ourensás". Ademais, asegura que o BNG "está en condicións" de ofrecer "a alternativa que Ourense necesita", que é o 'Plan Ourense Vivo', que poderá executarse cun goberno con Pontón presidindo a Xunta. "Unha oportunidade histórica para facer algo diferente para esta parte do país".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no pleno da Cámara galega
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no pleno da Cámara galega | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta