O Consorcio de Santiago aprobou os seus orzamentos para 2024

Permitirán a reforma do interior do Palacio de Congresos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2023 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O Consorcio de Santiago aprobou este venres os seus orzamentos para 2024 cunha alza do 10%, o que permitirá facer obras de reforma no interior do Palacio de Congresos.

A reunión da Comisión Executiva e do Consello de Administración do entre interadministrativo deu o visto e prace, ademais, á nova orde de subvencións para realizar proxectos de rehabilitación e plans de mantemento dos edificios monumentais. Ambas as citas, das que informou o Consorcio nun comunicado, celebráronse no Pazo de Vaamonde e estiveron presididas pola presidenta do ente e alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO

Na reunión aprobouse o orzamento para o próximo ano, que ascende a 10.213.878,50 euros. As achegas do tres administracións consorciadas son de 5.261.476 euros por parte da Administración Xeral do Estado, 3.161.854,30 euros da Xunta de Galicia e 1.542.346,59 euros do Concello. Todas comunicaron que as súas achegas ao Consorcio para o exercicio 2024 crecerán un 10%, o que se reflicte nestes orzamentos. Esta subida permitirá facer obras de reforma no interior do Palacio de Congresos.

PROXECTOS DE REHABILITACIÓN

Ademais, nesta reunión, o Consorcio aprobou tamén a orde de subvencións en concorrencia competitiva que terán a finalidade de elaborar, por parte da Oficina Técnica do Consorcio, proxectos de rehabilitación e plans de mantemento dos edificios monumentais da cidade que gocen da maior catalogación. Con estas axudas, buscarase que os propietarios destes inmobles poidan participar cos devanditos proxectos en distintas convocatorias de axudas para obter financiamento para as intervencións ou ben acometelas con fondos propios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta