18F- Outra enquisa volve darlle a maioría ao PPdeG, mentres o BNG baixaría e Sumar entraría no Parlamento

O partido de Rueda conseguría 40 deputados, tres menos que na actualidade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2024 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Unha nova enquisa de proxección de voto para as eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro, elaborada por DemosGal para o grupo Editorial La Capital outorga ao PPdeG de Alfonso Rueda a maioría absoluta con 40 deputados, dous menos dos que ten actualmente. Ademais, sinala que o BNG de Ana Pontón baixaría e pasaría a 18 escanos, fronte aos 19 actuais.

Este mesmo estudo, recollido por Europa Press, o tres escanos que estarían en xogo recolleríaos o PSdeG de José Ramón Gómez Besteiro, que pasaría de 14 a 15 e seguiría como terceira forza política, mentres que lle dá a Sumar, a formación de Yolanda Díaz, dous deputados, un por cada provincia atlántica (A Coruña e Pontevedra).

Este estudo sitúa ao PP como a lista máis votada nas catro provincias galegas, aínda que perdería dous escanos en total pero gañaría un en Ourense. Así, os populares tería 13 na Coruña (-1), 10 en Pontevedra (-1), 8 en Lugo (-1) e 9 en Ourense (+1).

En canto á baixada do BNG, outórgalla na Coruña, de maneira que pasaría de sete deputados a seis, provincia na que entraría Sumar cun escano. Mantería o seis de Pontevedra e senllos tres representantes en Lugo e Ourense.

Tamén o PSdeG de José Ramón Gómez Besteiro experimentaría un 'baile' de escanos. Así, segundo este estudo demoscópico, os socialistas subirían un escano nas provincias da Coruña e Lugo (de 5 a 4 e de 3 a 2, respectivamente) e manterían o cinco actas de Pontevedra. En Ourense, perden un deputado. Sumar, que en Galicia ten a Marta Lois como a súa cara visible, entraría con dous representantes, na Coruña e en Pontevedra.

Este estudo sumar ao publicado este sábado por Grupo El Progreso, que tamén lle dá ao PPdeG a reválida da súa maioría absoluta no Parlamento galego con entre 40 e 42 deputados, mentres que o BNG mantería os 19 escanos no mellor dos casos e o PSdeG continuaría como terceiro partido da Cámara galega con entre 14 e 17 representantes. Esa mesma enquisa, elaborada por Infortécnica, tamén abre a porta á entrada de Democracia Ourensá e de Sumar.

OUTRAS ENQUISAS DE PRECAMPAÑA

En canto a outras sondaxes, o diario El Mundo outorgou ao PP unha pinza de entre 38-41, ao BNG de 18-19 e ao PSOE, de 15-17 o pasado 15 de xaneiro. Un anterior, de 'El País' mantivo a mesma situación que a que hai actualmente: PP (42), BNG (19) e PSOE (14).

Pola súa banda, Sondaxe para La Voz deu ao PP 39 deputados; ao BNG, 20; ao PSOE, 15; e a Sumar, 1. Nós Diario sitúa tamén con 39 escanos aos populares, fronte aos 22 que lle dá ao BNG, os 13 do PSdeG-PSOE e un máis para DO.

Mentres tanto, un dos escenarios máis abertos debuxouno o CIS, que abriu a porta a que o PPdeG perdese a maioría absoluta, cunha pinza de entre 36 E 38 escanos, eleva o teito do BNG ata os 23 cun mínimo de 20 e dálle ao PSdeG entre 17 e 18 deputados. A Sumar e Democracia Ourensá dálles posibilidades de entrar con entre cero e dous e cero e un, respectivamente.

Os candidatos do PP, Alfonso Rueda; BNG, Ana Pontón; PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; e Sumar Galicia, Marta Lois. Eleccións galegas do 18 de febreiro de 2024.
Os candidatos do PP, Alfonso Rueda; BNG, Ana Pontón; PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; e Sumar Galicia, Marta Lois. Eleccións galegas do 18 de febreiro de 2024. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

DemosGal é un conto: unha empresa rexistrada hai unha semana, e xa rematou esta enquisa. Hai un asesor do Psoe da Coruña que sabe moito disto...

1 Emilio

Enquisa do xornal El Progreso?, haberá que poñela en corentena, co que cobra do PP non vai traballar en serio para arriscar esa boa tallada que o Partido Popular reparte aleatoriamente entre os medios amigos