A Fegamp e os Grupos de Desenvolvemento Rural impulsarán a promoción das comunidades enerxéticas

Co obxectivo de promover "a implicación das zonas rurais na transición cara a unha enerxía limpa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2024 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR) impulsarán a promoción das comunidades enerxéticas no rural. A sede da Fegamp acolleu este martes unha xornada co obxectivo de fomentar e promover "a implicación das zonas rurais na transición cara a unha enerxía limpa a través das comunidades enerxéticas".

A xornada, con presenza do presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, e do presidente da Asociación dos GDR de Galicia e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, serviu para achegar aos 20 GDR que participaron, dos 24 que están creados, información sobre os obxectivos do proxecto EC4RURAL.

"Tamén para profundar sobre o plan de traballo en marcha na promoción das comunidades enerxéticas no rural desde o coñecemento das iniciativas e boas prácticas que xa se están desenvolvendo", informa a Fegamp.

Encontro da Fegamp e os GDR. FEGAMP
Encontro da Fegamp e os GDR. FEGAMP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta