A Xunta decide no último consello antes do 18F abonar este mes un 0,5% máis aos empregados públicos

Este incremento está ligado ao comportamento do PIB.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2024 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O Goberno galego abonará este mes de febreiro ao persoal empregado público a subida adicional do 0,5% das retribucións ligada ao mellor cmportamiento do Produto Interior Bruto (PIB) de 2023.

Aínda que o presidente galego, Alfonso Rueda, a quen a Xunta Electoral de Galicia abriu dous expedientes sancionadores por "electoralismo" desde o atril institucional non o mencionou na comparecencia posterior ao Consello da Xunta, así se desprende dun informe presentado na reunión semanal do Goberno polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

Así, tras o visto e prace na última reunión semanal do Executivo autonómico antes das eleccións do próximo domingo, a Xunta prevé que este incremento adicional se aplique con efectos do 1 de xaneiro de 2023.

O aumento calcularase sobre as retribucións vixentes a 31 de decembro de 2022 e suporá unha subida media anual de 180 euros por empregado público da Administración xeral.

Rueda preside a reunión do Consello da Xunta
Rueda preside a reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta