Rego (BNG): "O BNG é unha forza nacionalista, soberanista de esquerdas.. e conseguiu o 31% dos votos"

Cre que o seu partido "non ten teito" e augura que "seguirá crecendo" como alternativa ao PP en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/02/2024 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, dixo que o seu partido "non ten teito" e augurou que ten posibilidade de "seguir crecendo" como alternativa ao PP, despois que nas eleccións deste domingo obtivesen o seu mellor resultado histórico con 25 escanos no Parlamento de Galicia.

Néstor Rego no Congreso dos Deputados
Néstor Rego no Congreso dos Deputados | Fonte: Europa Press

Rego, que non participou activamente na campaña de Ana Pontón, destacou que "hoxe hai unha alternativa ao PP máis forte da que había antes destas eleccións, e por tanto temos un horizonte claro". Nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press, na que sostivo que "o BNG non ten teito" e que seguirán traballando para continuar crecendo.

Segundo o deputado da formación nacionalista galega, o BNG é unha forza nacionalista, soberanista de esquerdas e "decididamente antiimperialista", e a pesar de que "todo o mundo" coñece esa posición política, o seu partido conseguiu o apoio de máis do 31 por cento dos galegos, con case medio millón de votos.

Neste sentido, augurou que o BNG traballará por "ampliar a súa base social e electoral" e seguir crecendo como alternativa do PP en Galicia, aínda que sen "renunciar" aos seus "postulados políticos", como veñen facendo "desde sempre e especialmente nos últimos tempos".

"Sabemos que hai persoas que non eran votantes habituais do BNG e que, nesta ocasión, apostaron por unha forza política na que vían esa posibilidade de articular un cambio de rumbo", proseguiu Rego, manifestando a "absoluta certeza" de que o seu partido non defraudará aos seus votantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta