Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2024 | Actualizada ás 12:08
Os socialistas quedaron a 11 votos de gañar o deputado en Ourense. Unha circunstancia que se produce polo efecto da Lei D'Hondt, un método electoral para repartir os escanos dun parlamento de modo proporcional ós votos acadados polas candidaturas de maior a menor proporcionalidade.
Por iso, e debido a esta lei de proporcionalidade de votos, os principais penalizadas son as formacións con menos votos.
De feito, ao PSdeG custoulle máis de 23.000 votos acadar deputado, mentres que aos nacionalistas pouco máis de 18.600 e aos populares 17.500. Pola contra, Democracia Ourensana só tivo que sacar 15.312 papeletas para ter representación por Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.