O porto de Marín-Pontevedra dispárase un 38% en xaneiro fronte a 2023 e o de Ferrol acusa un descenso do 25%

Vigo é líder como porto pesqueiro e de transporte de automóbiles e A Coruña destaca en movemento de pasaxeiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2024 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Os portos de interese xeral do Estado moveron en xaneiro 45,6 millóns de toneladas, un 3,4% máis que no mesmo mes de 2023. No caso dos galegos despunta o de Marín-Ría de Pontevedra (302.802 toneladas), que se dispara unha 38% fronte ao mesmo mes do ano anterior, mentres que no lado oposto se sitúa o de Ferrol, cunha caída do 25,4% (619.673 toneladas).

En canto ao tráfico total de Vigo, situouse en 349.540 toneladas, o que supón un descenso do 1,8%. No caso da Coruña, o tráfico portuario case alcanza os 1,2 millóns de toneladas, pero experimentou un descenso do 6,6 por cento.

O pasado ano estivo marcado por unha desaceleración nos tráficos (561,7 millóns de toneladas, o 3,3% menos que en 2022), pola tensión xeopolítica mundial, que se viu agravada na última parte do ano polas afeccións para o comercio marítimo no paso do Mar Vermello. O comezo deste 2024 parece marcar un certo cambio de tendencia, segundo explica o Ministerio de Transportes, que xa se albiscou en decembro nalgúns tráficos.

Todos os tráficos, fóra dos graneis sólidos, rexistraron subidas en xaneiro. No caso da mercadoría xeral aumentou o 5,6% respecto ao mesmo mes do ano anterior, 21,1 millóns de toneladas, con incrementos tanto na presentación en colector, +6%, como a convencional, +4,8%.

TRÁFICO DE COLECTORES

En TEUs, 2024 comeza cun aumento do 5,8% respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata 1,34 millóns de toneladas, case idéntico ao dato mensual de decembro, rexistrándose un forte aumento do 13,2% en tránsito.

Concretamente, no caso dos portos de interese xeral galegos Vigo lidera o transporte con 17.641, aínda que é un dato menor que en xaneiro de 2023 (-6,5%). A maior subida rexístraa Vilagarcía, cun 20,7% máis ao contabilizar 2.807 tráficos; mentres que o de Marín-Ría de Pontevedra foi o que máis baixou, cun descenso do 23,5 por cento (3.237 TEUs) e Ferrol baixa un 81,3 por cento, ao contabilizar unicamente 1.053 transportes deste tipo.

Pola súa banda, A Coruña pasou a ter cero tráficos de colectores este mes de xaneiro, aínda que lidera o de pasaxeiros, con 9.704 persoas, un 47,4 por cento máis que o mes de xaneiro de 2023. Tamén Vigo crece neste parámetro, aínda que por baixo, e sobe un 5,7% ao contar 6.811 pasaxeiros.

Na media estatal de transporte de pasaxeiros, en xaneiro mantívose a tendencia á alza de 2023, con 2,17 millóns, o 7% máis que en xaneiro de 2023. O movemento de cruceristas polos portos españois, que en 2023 superou a marca absoluta marcado en 2019 con máis de 12 millóns, aumentou en xaneiro o 8,8%, ata os 667.865.

PORTO PESQUEIRO

Vigo lidera, pola súa banda, aos portos de interese xeral en canto a descargas de pesca, ao sumar en xaneiro 2.161 toneladas, un 6,2 por cento máis que no mesmo mes de 2023.

Pola súa banda, na Coruña produciuse un descenso, do 4,5%, ao rexistrar 1.149 toneladas. En Ferrol se contabilzaron oito toneladas, un 12,7% menos.

OUTROS DATOS

Na media nacional, os graneis líquidos rexistraron un aumento do 5,8%, ata 15,6 millóns de toneladas, con fortes subidas de produtos químicos e petróleo. Pola súa banda, os graneis sólidos retrocederon o 7,3% ata 7,57 millóns de toneladas, arrastrados polo carbón.

O tráfico ro-ro creceu o 4,6% ata 5,61 millóns de toneladas. O número de buques mercantes polos portos españois aumentou en xaneiro o 7,4% cun total de 12.482 unidades, e o arqueo bruto creceu un 4,5%.

En detalle, en canto ao transporte de vehículos como mercadoría, Vigo sitúase á cabeza dos portos de España ao alcanzar os 55.801 e un crecemento do 19,1%, por diante de Valencia (50.848) e de Barcelona (49.586) e As Palmas (28.255).

O Porto de Ferrol . AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL
O Porto de Ferrol . AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta