Nin máis galego, nin máis español: "galegoespañol"

O 68% dos enquisados polo CIS din sentirse galegos e españois. A televisión e os xornais dixitais, os medios por onde se informan os votantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2024 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A maior parte da poboación de Galicia si sentirse tan galega como española. Nin máis galego que español, nin máis español que galego.  Así se desprende do estudo postelectoral de Galicia sobre as eleccións autonómicas de 2024, publicado este mércores polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

Bandeiras de España e de Galicia
Bandeiras de España e de Galicia | Fonte: Arquivo

A enquisa do CIS preguntou polo sentimento de pertenza. Unicamente español sitúase o 4,1% dos enquisados, mentres que máis español que galego se declara o 2,9%. O 68% sente tan español como galego e o 1% máis galego que español, fronte ao 5,9% que se percibe unicamente galego.

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Dos entrevistados, o 40,6% di que se informou da campaña pola televisión e o 19,6% a través da prensa dixital. Por parte da prensa escrita, o 8,4% declara facelo, pero son máis a través da radio (9,8%) e redes sociais (12,2%).

Con todo, a crise dos péllets semella que non influíu á hora de votar. Á pregunta de cal cre que foi o tema máis debatido durante a campaña electoral, a Lei de amnistía (11%) sitúase como primeira cuestión, seguido de sanidade (8,4%), medio ambiente-péllets (6,8%), as disputas entre partidos (4,8%) e como quinto asunto, a crise económica e subida de prezos (3%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta