A día de hoxe vivimos tempos políticos nos que moitas nubes escuras son o preludio de que algo moi ruín pode acontecer no planeta terra. Non sei si é que a historía ciclicamente se repite, pois levamos dende o remate da segunda guerra mundial moitas décadas vivindo en paz; levamos moito tempo cunha estabilidade política que trouxo décadas de crecemento e de benestar sobor de todo para os cidadáns do continente europeo.
A día de hoxe na UE xa non falamos de dous sistemas ideolóxicos e económicos distintos no mundo. Sistemas que se facían competencia e que puxaban por impoñer o seu modelo no planeta. Non. O capitalismo coas súas virtudes e contradicións, que son moitas, impera tanto en China como en Rusia e nos estados que noutrora formaron o Telón de Aceiro. O sistema planificado comunista esborrallouse como un castelo de naipes anos atrás. E no mundo só quedan pequenos estados que siguen nesa ditadura. Mais a día de hoxe a ambición dun imperialismo comandado polo ex da KGB Putin mételle medo ós pequenos e grandes países desta Europa onde, con certas diferencias e gobernos, existe unha democracia representativa.
Por unha banda, no coloso americano, un narcisista como Tump di publicamente que se non gaña as eleccións habera un baño de sangue nos EEUU. Mentres o zar Putin, vestido de demócrata e gañando unhas eleccións feitas á medida do seus intereses, despois de eliminar á oposición, lanza veladas amenazas afirmando que ten o seu alcance o mellor arsenal atómico do mundo. E pretende, pra súa gloria imperial, reconquistar os estados que estiveron baixo a órbita da desaparecida Union Sovietica.
A invasión e a anexión de parte de Ucrania sacou á luz as debilidades de occidente que observa con moita preocupación unha loita entre os bloques por gobernar o mundo. Un mundo que está tomando camiños que nos levan non só a volta da chamada guerra fría, se non a un enfrontamento que pode ser catastrófico.
Moitos son os ditadores que, despois de chegar ó poder, tentan perpetuarse nel e convirten a moitas repúblicas nos seus feudos onde acontecen todo tipo de tiranías. Primeiro eliminan á oposición, logo restrinxen a liberdade de prensa e de movementos das persoas, co que apuntálanse no poder modificando as constitucións como é o caso de Venezuela e Nicaragua en América e a mesma Rusia. O obxectivo é eternizarse o maior tempo posibel no poder.
Non sei si os cidadáns son conscientes de que si Putin gaña a guerra de Ucrania o orde mundial cae ó chan e non vale pra nada. Pois si os dereitos dos estados libres non se respetan e estes poden ser invadidos cando ó veciño imperialista lle pete, xa non haberá lei mundial que poida parar as tropelías das nacións máis fortes que queiran ampliar as súas fronteiras ou, como dicia o nazismo, o espazo vital.
O orde mnundial tambaléase se non se paran deteminados conflictos bélicos, co que moita lexislación que afecta a millóns de persoas tamén caerá ó chan. E a día de hoxe pode que nos vexamos metidos nunha liorta mundial. E xa se sabe: os conflictos bélicos non traen nunca cousa boa.
Veñen tempos onde están a aparecer mandatarios neofacistas e ditadores vestidos de demócratas. Xente que pon en vilo a paz da orbe. Xa aconteceu en Europa con Hitler. Poñer en entredito a democracia e a convivencia entre os estados e as nacións é o primeiro paso. Despois siguélle desprestixiar a democracia tal como a concebimos en Europa. E eso xa se empeza a ver a día de hoxe. Logo virá un tirano como salvador. E despois laiarémonos. En fin, esperemos acontecementos.