Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2024 | Actualizada ás 10:27
As licenzas concedidas para a construción de edificios en xaneiro deste ano foron 129 en Galicia, o que supón seis menos que un ano antes (-4,4%), segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes.
Con estas licenzas crearanse un total de 122 vivendas, neste caso 15 menos en comparación co mes de xaneiro de 2023 (-10,9%). Mentres, os permisos para rehabilitacións ascenden a 148 edificios, cinco máis (+3,5%) en comparativa interanual. Así, rehabilitaranse 74 edificios, polo que se disparan neste caso un 61%.
Pola súa banda, as demolicións de edificios que se concederon en xaneiro de 2024 foron 25 en Galicia, case o dobre das 14 dun ano antes. Son 26 vivendas a derrubar, nove máis que o primeiro mes de 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.