Por E.P. | A CORUÑA | 24/05/2024 | Actualizada ás 19:14
A escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro; o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e o proxecto Aquí tamén se fala, do IES coruñés Rafael Dieste, gañaron o Premio Rosalía de Castro de Lingua.
Trátase dun galardón convocado pola Deputación da Coruña cun xurado presidido pola deputada de Lingua da institución provincial, Soidade Agra. O xurado decidiu premiar a García Negro por "o seu firme compromiso co galego en todos os lugares e en todas as circunstancias, o que lle custou multas e expedientes".
De Nova Escola Galega, resalta a súa "importancia como movemento de renovación pedagóxica referencial" en Galicia. Mentres, destaca a campaña de dinamización do galego promovida no IES Rafael Dieste.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.