O foro 'Galicia Biodays' acolleu máis de 800 encontros nos que participaron 1.000 asistentes e 100 relatores

E un centenar de expertos mundiais en biotecnoloxía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2024 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O foro 'Galicia Biodays', que converteu nos últimos dous días a Vigo en capital galega das ciencias da vida, acolleu máis de 800 encontros nos que participaron 1.000 asistentes e un centenar de expertos mundiais en biotecnoloxía.

Os organizadores do evento desenvolvido na cidade olívica ata este xoves fan balance nun comunicado desta edición, clausurada coa visita do conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.

"Vigo permitiunos crear unha contorna propicia para que o sector biotech establecese contactos, xerase negocio e ofrecese a opción de desenvolver novos proxectos", afirmou o presidente de Bioga, José Manuel López Vilariño, que cualificou de "éxito" a edición deste ano.

Para o responsable desta feira centrada na biotecnoloxía, "as sementes plantadas" en Vigo nos últimos días "empezarán a frutificar nos próximos meses" a través de acordos e contactos intercambiados durante a xornada do martes e este mércores.

Como "escaparate para dar a coñecer todo o que Galicia é capaz de facer no ámbito das ciencias da vida", Vilariño incidiu en que este foro fixo que "todo o mundo biotech dirixise a súa mirada cara a Galicia, cara a Vigo".

Mesa celebrada no foro 'Galicia biodays'. GALICIA BIODAYS
Mesa celebrada no foro 'Galicia biodays'. GALICIA BIODAYS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta