O IGE prevé un crecemento do PIB galego do 2,1% este ano e en torno ao 1,7% entre 2025 e 2028

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2024 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Estatística (IGE) prevé un crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia do 2,1% para este ano, por encima do 1,9% de estimación que realizaba a Xunta nos seus orzamentos para 2024.

Así se recolle na súa estatística 'Posición cíclica da economía galega', na que fai unha previsión de que o PIB galego crecerá en torno ao 1,7% no período entre 2025 e 2028: 2025 (1,8%), 2026 (1,7%), 2027 (1,7%) e 2028 (1,6%).

Esta previsión realízase con base na actual normativa europea sobre marcos orzamentarios que establece a necesidade de introducir a planificación plurianual na política económica de todas as administracións.

Ademais, esta estatística tamén recolle a previsión do PIB potencial, medida de canto pode avanzar unha economía de forma sostida sen xerar desequilibrios, que é do 0,7% para 2024 na comunidade galega. Para os próximos anos a proxección é a seguinte: 2025 (1%), 2026 (1,6%), 2027 (2%) e 2028 (2,1%).

A economía galega segue co crecemento
A economía galega segue co crecemento | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta