O TSXG pide repetir o xuízo contra o mozo de Nerea Añel tras ser absolto como acusado do seu asasinato

Anula a absolución da Audiencia de Ourense por ser contraria ao veredicto do xurado popular.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2024 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a sentenza da Audiencia Provincial de Ourense que absolveu dos delitos de homicidio consumado e de homicidio por omisión ao noivo de Nerea Añel ao ser contraria ao veredicto de culpabilidade emitido polo xurado. Por iso, ordena retrotraer as actuacións ao momento anterior a ditarse a resolución para que se dite outro fallo de acordo á vontade do xurado popular.

No xuízo celebrado na Audiencia Provincial ourensá a finais do pasado mes de febreiro, o xurado popular, formado por nove cidadáns, declarou ao acusado, parella da vítima, culpable dun delito de homicidio por omisión.

Os xurados consideraron probado que el estaba con Nerea a noite que ela desapareceu e, en concreto, que estaba con ela no momento no que sufriu unha caída e non lle prestou auxilio. Con todo, a Audiencia Provincial contradixo o veredicto do xurado popular, de maneira que absolveu ao acusado porque "non se pode determinar se a prestación de asistencia médica evitase a morte", polo que non vían probado o delito de homicidio por omisión. Fiscalía e acusación particular, que exerce a nai da vítima, pediron ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que se revogase o fallo.

Tras esa vista, agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nula, por alcanzar "unha conclusión diferente á emitida polos xurados, que atenderan a tese acusatoria", a sentenza na que a Audiencia Provincial de Ourense absolveu ao acusado.

Nerea Añel
Nerea Añel | Fonte: EL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta