Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2024 | Actualizada ás 14:07
A base media mensual dos cotizantes galegos ao réxime xeral da Seguridade Social pechou 2023 en 2.006,5 euros, o que supón un 5,9% máis que en decembro de 2022, segundo datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press.
Ademais, esta cifra é un 2,9% superior á alcanzada en setembro de 2023, polo que tamén se rexistrou un aumento trimestral.
En concreto, en Galicia había a decembro de 2023 uns 786.026 afiliados ao réxime xeral, un 2,1% menos que en setembro e un 2,4% máis que un ano antes. Deles, 386.304 eran homes e 399.722, mulleres. A pesar de que elas son máis en número, a súa base de cotización é inferior, quedándose nos 1.858,9 euros, mentres que a deles é de 2.159,2 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.