A Xunta mantén a previsión de abrir os centros de atención permanente a vítimas de violencia sexual antes de final de ano

"Galicia contará con cinco centros que estarán abertos as 24 horas do día os 365 días do ano", segundo reiterou este mércores a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2024 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

O acondicionamento dos cinco centros de crise 24 horas, destinados a atender ás vítimas de violencia sexual, continúa e prevese a súa operatividade para os últimos meses deste ano, segundo avanzou este mércores a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.

Tras a súa visita ao centro da localidade de Santiago, situado no Hospital Gil Casares, afirmou que "Galicia contará con cinco centros que estarán abertos as 24 horas do día os 365 días do ano". Nas súas declaracións tamén comentou que "cada centro contará con sete profesionais que lle brindarán atención especializada a todas as persoas que poidan ser vítimas de agresións sexuais". Este grupo estará integrado por tres psicólogos, dous traballadores sociais e un asesor xurídico.

A provincia da Coruña contará con outro centro no Hospital Novoa Santos de Ferrol. Pontevedra farao no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Ourense na PAC da rúa Concello e Lugo no Hospital Universitario Lucus Augusti. Ademais de todo iso, anunciou que "a Xunta de Galicia vai instalar puntos lila e arcoíris nos principais festivais da comunidade durante todos os meses de verán".

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, tras a súa visita ao centro de Santiago de Compostela
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, tras a súa visita ao centro de Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta