Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2024 | Actualizada ás 12:23
Efectivos de loita contra o lume extinguiron a última hora deste xoves un incendio forestal iniciado nun piñeiral preto dunhas vivendas na localidade coruñesa de Carballo.
Segundo a información da Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse preto das 19,30 horas na parroquia de Lema, e quedou extinguido pasadas as 21,40 horas, tras calcinar unhas 0,24 hectáreas de terreo.
Nos labores de extinción participou un axente, dúas brigadas e dúas motobombas. Así mesmo, tamén tomaron parte os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo, dada a proximidade das chamas á urbanización Pedra do Sal. Segundo informan o consorcio, estes efectivos traballaron en protexer as vivendas e fornecer auga. No operativo interviñeron tamén Garda Civil e Protección Civil de Carballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.