Rajoy pide non explotar politicamente a agresión, pero os grandes medios non fan caso

Membro da Marea de Pontevedra. Militante dunhas Mocidades Galeguistas extintas hai un século. Membro dun inexistente grupo de seareiros chamado Mocidade Galega. Estas son algunhas das mentiras publicadas sobre o agresor do presidente do Goberno. Rajoy, quen non o denunciará, recibe a solidariedade de todo o espectro político.

Por M.V. | Pontevedra | 17/12/2015 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O propio presidente do Goberno está a quitarlle ferro á puñada que recibiu onte. En declaracións en Antena 3, o candidato conservador cualificou o sucedido de “feito illado”, dixo que só tiña un pómulo inchado e adiantou que non vai cambiar as medidas de seguridade cando pasee pola rúa.  Mariano Rajoy declarou este xoves que "non saco conclusións políticas disto e pido que ninguén o faga".

Momento da agresión a Rajoy en Pontevedra / Diario de Pontevedra. Momento da agresión a Rajoy en Pontevedra / Diario de Pontevedra.
Momento da agresión a Rajoy en Pontevedra / Diario de Pontevedra. Momento da agresión a Rajoy en Pontevedra / Diario de Pontevedra.

Os medios de Madrid non están a facer caso da recomendación. Varios xornais están a destacar o perfil ideolóxico do menor agresor -máis que os seus problemas psicolóxicos- nunha clara aposta electoral. Por exemplo, ABC indica en portada que é un “independentista gallego” ; El Mundo titula que é de “extrema esquerda”, “galleguista” e “ultra del Pontevedra” e La Razón destaca un wasap antigo do rapaz no que indicaba que ía atentar contra a sede do PP. 

O certo é que o rapaz -que se define nas redes sociais como antifeixista e apoia unha "Galiza Ceive"- sofre problemas psicolóxicos que o levaron a tratamento. De feito, o psiquiatra que atende ao menor foi chamado a declarar onte a comisaría.

Nas horas posteriores ao incidente publicáronse varias mentiras sobre o seu perfil público e político. A máis clara é que milita nas Mocidades Galeguistas. “Fuentes del PP señalan que el joven está vinculado al movimiento independentista Mocedades Galeguistas” asegurou El Mundo. As fontes do PP, sen identificar, olvidáronse que as Mocedades Galeguistas foron a organización de mozos do Partido Galeguista, cuxa última asemblea foi en 1936.  A web da CRTVG segue facendo arestora a suposta militancia nese grupo extinto hai un século.

Faro de Vigo leva hoxe en portada que é afeccionado de “Mocidade Galega”, cando en realidade é seareiro de “Mocidade Granate”,  grupo de afeccionados novos do Pontevedra de fútbol. “Mocidade Granate” quen en todo caso desmarcouse do sucedido. 

Outra mentira publicada  é a súa relación coa Marea de Pontevedra. El País, citando fontes policiais tamén sen identificar, publicou onte que estaba próximo a este colectivo. Información que foi desmentida pola Marea e que, ante a evidencia da falta de probas, hoxe obvian os medios. “Aunque, en un primer momento, sin aportar ningún dato ni precisar la relación, fuentes policiales que pidieron el anonimato habían asegurado que el agresor estaba vinculado con las Mareas, fuentes de Podemos desmintieron que exista relación alguna con estas formaciones”, rectificou a súa redacción inicial o diario madrileño.

En todo caso, as condenas ao sucedido son unánimes. O líder do PSdeG mostroulle a súa solidariedade. Gómez Besteiro tamén indicou que o sucedido é algo “illado”. O alcalde de Vigo Abel Caballero cualificou o sucedido de “cobarde e brutal”. Carlos Callón, de Nós, a plataforma na que participa o BNG, asegurou que en democracia ningún tipo de violencia ten xustificación. O Partido Galeguista actual tamén fixo público o seu rexeitamento.

Segundo dixo a vicepresidenta do Goberno, Mariano Rajoy non ten pensado denunciar ao mozo. O rapaz de 17 anos pasou a noite en comisaría e hoxe comparecerá ante o xuíz, acusado dun delito de agresión á autoridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Ana

Todo este tema permite que non se fale da ruina que nos deixa a xestion do actual goberno (ver debeda publica), da precariedade (reforma laboral), do recorte en liberdades (lei mordaza), da emigracion, da situacion da sanidade e educacion publica, etc. E por suposto tampouco falamos de Gurtel, Púnica,etc. Non permitamos que se desvie a atencion do importante xa que o presidente esta perfectamente pero hai moitas familias que non chegan a fin de mes e que incluso son desahuciadas. O 20D sera o dia no que o bipartidismo sera derrotado democraticamente nas urnas e gañaran forzas que buscan a rexeneracion da democracia e a defensa dos dereitos sociais: PODEMOS, NÓS, IU...

3 bipartidismo 2.0

Bipartidismo 2.0 a mesma pelicula que cando un oportuno atentado puxo na Mancloa a Azbar. Senon fora polos malos actores que son, merecen ser candidatos aos Goya. A verdade cada vez estou mais farto de este circo con animais. Non dan pasado estes dias, este continuo bombardeo de vendedores de crescapelo. Se a politica e aquelo que pasa, os tratados de libre comercio e TISA que te meten. mentras a pleve anda entretida, cunha mala version do "habia una vez un circo" de Gaby, Fofo e Milikigramos de fariñaç

2 a palo

a agrsion foi feita e planificada polo pp para gañar asa eleccions

1 Caso Redondela Rajoy Aceite

Mitterrand fixoo no seu tempo para gañar popularidade. Do Partido Podre todo pode ser, e dun mintireiro e farsante como Rajoy mais...

1 Jon Secada

En todo caso a agresión foi a un candidato, non a un presidente, porque desde que están convocadas as eleccións e a cámara disolta, so é presidente en funcións. Ou sexa, de agresión á autoridade, nada, como muito agresión a un funcionario público.

1 coido que non

mmh.. non sei, mais creo que calquer cargo publñico tipo arcalde, presidente vario etc ,soen ter o mesmo tratamento durante catro anos despois de ter salido , igual cos representates sindicais, creo eh...