Por Galicia Confidencial | Madrid | 19/12/2015 | Actualizada ás 16:49
"O mozo de dezasetes anos que lle deu unha puñada ao primeiro ministro español é un parente lonxano do líder", destaca un dos medios máis lidos do Reino Unido, The Independente, ao apuntar que Andrés V.F. é o fillo dun primo da muller de Mariano Rajoy, Elvira Fernández.
O xornal británico relata como tivo lugar esta agresión, cando o rapaz se acercou para pedirlle un selfie. Momento que aproveitou para golpealo.
Tamén sinala que foi condenao a seis meses nun centro de detención de menores por este caso. "O mozo foi rexeitado de numerosos colexios importantes de Galicia e estaba sendo tratado por depresión polo seus problemas de comportamento", engade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.