Temas: ELECCIóNS 20D

Máis de 82.000 galegos estrearanse como votantes este 20D

Galicia gañou 17.047 electores con respecto ao ano 2011, pero perde lugares de votación e tamén mesas electorais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/12/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Galicia ten máis de 82.000 novos votantes nestes comicios. Serán 2.705.846 persoas as chamadas ás urnas, 17.047 máis que en 2011 e 82.531 que se estrean no censo electoral tras alcanzar a maioría de idade.

Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais
Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais | Fonte: teinteresa.com

Por provincias, poden votar 1.088.821 persoas na Coruña, 901.969 en Pontevedra, 365.511 en Ourense e 349.545 en Lugo, a única na que baixa a cifra, con algo máis de mil menos que fai catro anos. Os novos maiores de idade na comunidade autónoma son 33.258 na Coruña, 31.391 en Pontevedra, 8.947 en Lugo e 8.935 en Ourense.

Ademais, xa entregaron a súa solicitude de voto por correo máis de 53.000 galegos que residen noutras comunidades españolas e máis de 22.000 que viven noutros países. Tamén aumenta en case 10.000 persoas o número de electores residentes noutras comunidades, desde 44.128 até 53.650, mentres que se manteñen os electores residentes temporalmente no estranxeiro, con 737 en 2011 e 730 agora, e baixa notablemente a cantidade de electores que viven fóra de España, que eran 33.241 e en 2015 son 22.553.

Por outra banda, descende o número de municipios en Galicia, desde 315 até 314, e tamén o fai o número de locais, desde 2.537 até 2.483, así como as mesas electorais, que foron 4.037 en 2011 e agora son 3.996.

Nestes comicios haberá 7.064 os axentes encargados de vixiar os 2.483 locais que aloxarán 3.996 mesas electorais dispostas entre as provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia a través dun comunicado.

Na primeira provincia haberá 2.580 axentes, outros 2.372 traballarán en Pontevedra, mentres que 1.108 exercerán o seu labor en Lugo e outros 1.004 encargaranse de Ourense. 

Temas: ELECCIóNS 20D
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Hoxe entre todos facemos subir a Marea. O cambio é imparable. Adeus bipartidismo e neoliberalismo. Benvidas as politicas sociais, a rexeneracion democratica, a creacion de emprego digno, o estado plurinacional...