Se tes sangue do grupo A negativo, vai doar

A Axencia de Doazón di que están as reservas baixas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/09/2024 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e de Sangue (ADOS) chama á cidadanía a doar sangue, especialmente a persoas do grupo sanguíneo A negativo, por ter baixas as reservas.

Segundo os datos que semanalmente ofrece ADOS, o grupo A negativo é o único que se atopa nesta situación. Mentres, os grupos A positivo, B positivo, B negativo, 0 positivo e 0 negativo están en reservas normais e nun nivel bo as AB positivo e AB negativo.

A axencia lembra que precisa 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias. Por tanto, insta as persoas a achegarse a algunha do dez unidades móbiles que diariamente percorren Galicia ou a un dos sete centros permanentes de doazón situados nas principais cidades galegas.

En concreto, o luns, día 16, haberá unidades móbiles nos concellos da Coruña, Fisterra, Santa Comba, Teo e Santiago; e o martes, estarán en Pontedeume, Sada, A Coruña, Santiago e Ribeira.

Unha unidade móbil de ADOS para facilitar a donanción de sangue en Galicia
Unha unidade móbil de ADOS para facilitar a donanción de sangue en Galicia | Fonte: ADOS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta