A morte paseniña de Galicia: seguen morrendo máis persoas das que nacen

Rexistra 5.599 defuncións máis que nacementos no primeiro trimestre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2024 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 8.911 defuncións no primeiro trimestre de 2024, que son un 3,8% menos en relación co mesmo período do ano anterior. Mentres, os nacementos caeron un 0,27%, ata 3.312, co que o saldo vexetativo foi negativo en 5.599 persoas.

Segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE), as mortes correspondéronse con 4.272 homes e 4.639 mulleres. Pola súa banda, naceron 1.730 homes e 1.582 mulleres.

Os matrimonios situáronse en 1.290 no período, deles 1.242 entre persoas de diferente sexo e 48 do mesmo sexo. Son un 0,23% máis que no primeiro trimestre de 2023.

Sombra dunha muller e dúas cruces no cemiterio de San Amaro
Sombra dunha muller e dúas cruces no cemiterio de San Amaro | Fonte: Europa Press - Arquivo

O IGE tamén publica este venres os datos provisionais a peche de 2023. Respecto diso, o número de falecementos foi de 32.688, 2.308 menos que en 2022. O dato de nacementos continúa o descenso iniciado en 2009 e sitúase en 13.975.

SÓ TRES CONCELLOS

Así as cousas, o saldo vexetativo pasou de -20.501 en 2022 a -18.713 en 2023 e xa hai máis de 30 anos que a comunidade non presenta un positivo.

En 2023, só tres dos 313 concellos presenta un saldo vexetativo positivo e as sete grandes cidades rexístrano en negativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios (2 pend. aprobación)

1 Moine

Viva o PP! Vivam os votantes do PP! Viva a Galiza eucalipteira! Sem industria nem investigaçom, só temos emigraçom. Viva a miséria!.

1 Ferroviario

Miseria haina en Haití, non en Galicia, onde hai industria ( Inditex, Citroen, Alcoa, Barreras, Zeltia, Petroliber ) e desde logo onde se investiga. Algúns comentarios son do túnel do tempo.