Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 12:30
Os fogares que chegan con dificultades a fin de mes sitúanse no 52,22% no segundo trimestre, case dous puntos menos que o 54% de tres meses antes, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este mércores.
Do total, o 47,78% dos fogares chega con dificultade ou moita dificultade (soben dous puntos). O 44,64% chega con dificultade, similar a tres meses antes, mentres os que teñen moitas dificultades baixan dous puntos e quedan no 7,58%.
Na comparativa co segundo trimestre de 2023, os fogares con facilidades para chegar a fin de mes soben máis de dous puntos, os mesmos dous puntos que baixan os que teñen dificultades. Así mesmo, o 17,7% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra --como gastos en vacacións ou grandes compras-- nos últimos tres meses. Mentres, case o 30% cambiou os seus hábitos de compra con marcas brancas, a medida máis habitual empregada polos fogares para reducir gastos.
Igualmente, o 36,7% dos fogares galegos pensa aforrar algo de diñeiro no próximos tres meses; o 51,4% facer algún extra en produtos de alimentación; o 70,6% saír a cear ou ir ao cinema, así como o 26,4% facer fronte a imprevistos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.